Inglés antigo
lingua xermánica falada entre o século V e o XI / From Wikipedia, the free encyclopedia
O inglés antigo ou anglosaxón, (Ænglisc na propia lingua) é unha forma temperá da lingua inglesa que se falaba en boa parte do que hoxe é Inglaterra entre os anos 425 e 1125 aproximadamente. Era unha lingua flexiva con moita liberdade na orde das palabras, ao contrario do inglés actual. Gardaba unha grande semellanza con outras linguas xermánicas, especialmente co frisón antigo e o saxón antigo, porque aínda non recibira a influencia do francés que a partir do século XII provocaría o cambio do inglés antigo ao medio. Cos normandos no poder, o inglés antigo perdeu o prestixio que tivo anteriormente, o que provocou que se desmembrara en multitude de dialectos, dialectos coñecidos co nome de inglés medio.
Inglés antigo / Anglosaxón Ænglisc | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Anglisc, Englisc | |
Falado en: | Inglaterra (excluíndo os extremos suroccidental e noroccidental) e os límites con Escocia e Gales | |
Total de falantes: | Lingua morta (†) | |
Familia: | Xermánica Xermánico occidental Ingvaeónica Anglo-frisoa Ánglica Inglés antigo / Anglosaxón | |
Escrita: | Futhorc, posteriormente alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | ang | |
ISO 639-3: | ang
| |
Mapa | ||
O inglés antigo sinalado en cor amarela. | ||
Status | ||
O alfabeto do inglés antigo aínda utilizaba algúns símbolos rúnicos, aínda que a maior parte dos seus caracteres procedían do alfabeto latino. Quedan fragmentos da literatura en anglosaxón, que tiveron grande importancia na reconstrución deste idioma. A obra literaria máis importante en lingua anglosaxoa que chegou aos nosos días é o "Beowulf", poema épico que conta as aventuras dese heroe e que reúne el mesmo preto do 10% de toda a literatura anglosaxoa coñecida. Un dos maiores especialistas do século XX neste idioma foi o afamado escritor J. R. R. Tolkien.