Iniciativa Aragonesa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Iniciativa Aragonesa (ou en aragonés Iniziatiba Aragonesa), INAR, é un partido político español de ámbito aragonés. Orixinouse como unha escisión do Partido Aragonés, e está liderado por Manuel Escolá Hernando, que con anterioridade ocupaba escano coma deputado das Cortes de Aragón polo Partido Aragonés e do Parlamento Europeo por Coalición Nacionalista. Tivo unha implantación testemuñal, pois en diversas eleccións quedou bastante lonxe do 1% dos votos. Nas diversas eleccións posteriores ao ano 2003 INAR estivo inactiva politicamente e non presentou ningunha candidatura. Mais o partido oficialmente non se disolveu.
Iniziatiba Aragonesa | |
Partido político | Iniziatiba Aragonesa |
Data de fundación | 28 de marzo de 1996 |
Ideoloxía | Centrista, nacionalista aragonés |
Ámbito | Aragón |
Sede central | c/. Lausana, 17. 2º. B Zaragoza (España) |
Presidente | Manuel Escolá Hernando |
Web do partido | www.inar.org |