Inmunóxeno
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un inmunóxeno é unha substancia que ten a capacidade de inducir a inmunidade humoral ou a mediada por células en lugar da tolerancia inmunolóxica.[1] Ferencik et al. describen un inmunóxeno como un antíxeno completo que está composto dun portador macromolecular e de epitopos (determinantes antixénicos).[2] Ás veces o termo inmunóxeno utilízase intercambiablemente co termo antíxeno, pero o termo antíxeno significa tanto inmunoxenicidade coma tamén a capacidade de reaccionar cos produtos da mesma, como son os anticorpos ou receptores TCR.[1] Ademais, un antíxeno é unha substancia que pode unirse a un anticorpo específico.
A distinción entre eles está na sutil diferenza entre inmuoxenicidade e antixenicidade. A inmunoxenicidade é a capacidade de inducir unha resposta inmunitaria humoral ou celular[3], mentres que a antixenicidade é a capacidade de combinarse especificamente cos produtos finais da resposta inmune (anticorpos secretados ou receptores de superficie das células T)[3], cousa que non todos os inmunóxenos poden facer. Deste xeito, todo inmunóxeno pode ser un antíxeno, pero non todo antíxeno é un inmunóxeno.[4]