Inmunidade pasiva
From Wikipedia, the free encyclopedia
A inmunidade pasiva é a transferencia dunha inmunidade humoral activa en forma de anticorpos xa formados e funcionais. Na inmunidade pasiva o individuo non fabrica os seus propios anticorpos nin xera linfocitos con memoria; simplemente recibe os anticorpos producidos por outros individuos. A inmunidade pasiva pode producirse de forma natural cando os anticorpos maternos son transferidos ao feto a través da placenta ou do leite materno ou pode ser inducida artificialmente cando se transfiren altos niveis de anticorpos específicos contra un patóxeno ou toxina (obtidos doutro ser humano, cabalo ou outro animal) a persoas non immunizadas por medio de produtos sanguíneos que conteñen ditos anticorpos, como na terapia de inmunoglobulinas ou terapia de antisoro.[1] A inmunización pasiva utilízase cando hai un alto risco de infección e un tempo insuficiente para que o corpo desenvolva a súa propia resposta inmune, ou para reducir os síntomas de doenzas inmunosupresoras xa en marcha.[2] A inmunización pasiva pode proporcionarse cando unha persoa non pode sintetizar os seus propios anticorpos ou cando foi exposta a unha enfermidade contra a que non está inmunizado.[3]