Instituto Camões
organización para a promoción da lingua e cultura portuguesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Instituto Camões é unha entidade con base en Portugal e que se encarga da promoción da lingua portuguesa e da cultura portuguesa no exterior. A súa Lei Orgánica defíneo como persoa colectiva de dereito público, dotada de autonomía administrativa e patrimonial, baixo a superintendencia do Ministerio de Asuntos Estranxeiros.
Ten unha única sede en Galicia, na Casa de Arines de Vigo.