International Plant Names Index
Índice de Nomes de Plantas Internacional / From Wikipedia, the free encyclopedia
O International Plant Names Index (IPNI, Índice de Nomes de Plantas Internacional) descríbese el mesmo como "unha base de datos dos nomes e detalles bibliográficos básicos asociados de plantas con sementes, fentos e licófitas." A cobertura que fai dos nomes de plantas é mellor no nivel de especie e xénero.[1] Inclúe detalles bibliográficos básicos asociados cos nomes, e os seus obxectivos son eliminar a necesidade de facer repetidas referencias ás fontes primarias para dar información bibliográfica básica sobre nomes de plantas.[2][3]
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
International Plant Names Index | |
---|---|
Tipo | base de datos en liña e base de datos taxonómica |
Data de fundación | 1999 |
Fundador(es) | Real Xardín Botánico de Kew, Harvard University Herbaria e Australian National Herbarium |
País | Reino Unido |
Na rede | |
https://www.ipni.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
O IPNI tamén mantén unha lista de abreviacións dos nomes de autores estandarizadas. Estas estaban inicialmente baseadas en Brummitt & Powell (1992), pero estanse a engadir decote novos nomes e abreviacións.