Invasión celta dos Balcáns
From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase Invasión celta dos Balcáns á emigración masiva de grupos de tribos célticas da Cultura de La Tène, en dirección sueste cara á Península dos Balcáns, a partir do século -IV. Aínda que os asentamentos celtas concentráronse na metade occidental da Chaira panónica (na conca dos Cárpatos) houbo incursións e asentamentos notables dentro da península balcánica.
A partir das súas novas bases no norte de Iliria e Pannonia, as invasións galas culminaron no século -III coa invasión de Grecia, Macedonia e Tracia. A invasión de Grecia no ano -279 foi precedida por unha serie de campañas militares dirixidas cara ao sur dos Balcáns e contra o Reino de Macedonia, favorecido polo estado de confusión que seguiu a partir da complexa sucesión de Alexandre o Grande. Unha parte da invasión cruzou Anatolia e acabaron por instalarse na zona que despois veu a ser chamada Galacia.