Investigación operativa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A investigación operativa[1] (IO) é unha rama interdisciplinar da matemática aplicada que fai uso de modelos matemáticos, estatísticos e de algoritmos na axuda á toma de decisión. Emprégase sobre todo para analizar sistemas complexos do mundo real, tipicamente co obxectivo de mellorar ou optimizar a actuación.
A IO non é unha ciencia en si, mais si a aplicación da ciencia á solución de problemas de xerencia e administrativos, e céntrase no desempeño de sistemas organizados como un todo, en vez das súas partes tomadas separadamente.[2].