teólogo e matemático cristián From Wikipedia, the free encyclopedia
Isaac Barrow, nado en Londres en 1630 e finado en 1677, foi un teólogo e matemático inglés, cuxo papel no desenvolvemento do cálculo moderno historicamente recibiu un mérito secundario, en concreto, no seu traballo respecto da tanxente. Barrow é famoso por ser o primeiro en calcular as tanxentes da curva kappa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | outubro de 1630 Londres |
Morte | 4 de maio de 1677 (46 anos) Londres |
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster |
Vice chancellor (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Educación | Universidade de Cambridge Felsted School (pt) Trinity College Charterhouse School (en) |
Director de tese | Vincenzo Viviani e Gilles de Roberval |
Q89547790 | Teorema fundamental do cálculo, Óptica |
Actividade | |
Campo de traballo | Física, matemáticas e teoloxía |
Ocupación | teólogo , físico , profesor universitario , historiador das matemáticas , matemático , filósofo |
Empregador | Gresham College (en) |
Membro de | Royal Society (1663–) |
Alumnos | Isaac Newton |
Influencias | |
Influencias en | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Doutorando | Isaac Newton |
Isaac Newton foi discípulo de Barrow.[1]
Estudou no Trinity College de Cambridge, destacou en matemáticas e no estudo dos clásicos, graduouse en 1648 e conseguiu un posto de investigación en 1649. En 1655 optou a un posto de grego en Cambridge, pero as súas posturas políticas (realista) e relixiosas (anglicano), impedíronlle acceder ao posto. Pasou os seguintes catro anos viaxando por Francia, Italia e mesmo chegou a Constantinopla. Regresou a Inglaterra en 1659 e ao ano seguinte ordenouse ministro e accedeu ao posto de profesor de grego de Cambridge. En 1662 nomeárono profesor de xeometría no Gresham College e en 1663 accedeu á cátedra lucasiana de matemáticas, á que renunciou en 1669 en favor do seu discípulo Isaac Newton, nomeado capelán de Carlos II e vicerreitor do Trinity College deixou o estudo das matemáticas.
A súa primeira obra foi unha edición completa dos Elementos de Euclides, que apareceu en 1655 en latín e en 1660 en inglés. Editou as súas clases maxistrais de 1664, 1665 e 1666 no volume Lectiones Mathematicae. En 1669 sae do prelo Lectiones Opticae et Geometricae, revisada por Isaac Newton. Barrow foi un dos que prepararon a aplicación do cálculo diferencial á xeometría e foi o primeiro en recoñecer que a integración e a diferenciación son operacións inversas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.