Italia
país de Europa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Italia ( pronunciación (axuda · info)) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar[1]), oficialmente República Italiana[2] ( pronunciación (axuda · info)) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da Península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
Repubblica Italiana (it) Italia (it) | |||||
Himno | Il Canto degli Italiani | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «sen valor» | ||||
Nomeado en referencia a | Italia | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Roma (1946–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 58.850.717 (2023) (194,83 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 302.068 km² | ||||
Bañado por | mar Adriático, Mar Tirreno, Mar Xónico, Mar de Liguria e Mar Mediterráneo | ||||
Punto máis alto | Mont Blanc (4.808,72 m) | ||||
Punto máis baixo | Contane (pt) (−3,44 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 18 de xuño de 1946 | ||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Epifanía (6 de xaneiro) Luns de Pascua (Easter + 1 day (en) ) Aniversário da Liberação da Itália (pt) (25 de abril) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Festa della Repubblica (pt) (2 de xuño) Ferragosto (15 de agosto) Día de Tódolos Santos (1 de novembro) Nadal (25 de decembro) Día de Santo Estevo (26 de decembro) Festa da Inmaculada Concepción (8 de decembro) Pascua cristiá (22 de marzo) | ||||
Santo padrón | Francisco de Asís e Catarina de Siena | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria (1946–) | ||||
• Presidente | Sergio Mattarella (2015–) | ||||
Órgano executivo | Governo de Itália (pt) | ||||
• Presidente (pt) | Giorgia Meloni (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Itália (pt) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Corte de Cassação (pt) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 2.114.355.756.914 $ (2021) | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .it | ||||
Prefixo telefónico | +39 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 113, 115 e 118 | ||||
Código de país | IT | ||||
Código NUTS | IT | ||||
Sitio web | italia.it |
No norte está flanqueado polo arco alpino onde limita, de leste a oeste, con Eslovenia, Austria, Suíza e Francia. O resto do territorio está circundado polos mares Lígur, Tirreno, Xónico e Adriático. Os pequenos estados da Cidade do Vaticano e San Marino son enclaves dentro do territorio italiano. Á súa vez Campione d'Italia é un concello italiano que forma un pequeno enclave en territorio suízo. A superficie total é de 301.340 km2, cunha poboación de 60,8 millóns de habitantes[3][4]. A súa capital desde os tempos do Imperio romano é Roma, e foi durante séculos o centro político e cultural da civilización occidental.
Ten sido o fogar de moitas culturas europeas coma a civilización de Nuraga, os etruscos, os gregos e os romanos. Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a Italia medieval foi invadida e sometida á dominación de pobos xermánicos coma os ostrogodos, os longobardos e os normandos. Isto non impediu que a Península, coa revitalización comercial das comunas medievais, chegara a se-lo berce do capitalismo[5][6]. No século XV, coa difusión do Renacemento por toda Europa, convértese no centro cultural do mundo occidental; mais despois das guerras do século XVI cae baixo a soberanía de potencias estranxeiras, coma Francia, España e Austria. Durante o Risorgimento combate pola independencia e pola unidade, ata que en 1861 foi proclamado o Reino de Italia. A ditadura fascista, iniciada en 1922, rematou coa derrota na segunda guerra mundial e a guerra de liberación. En 1946, logo dun referendo institucional, o Estado italiano convértese nunha república parlamentaria regulada pola Constitución de 1948.
No 2014 Italia, oitava potencia económica mundial e cuarta europea, é un país cun elevado nivel de vida: o índice de desenvolvemento humano é moi alto, 0,872, e a esperanza de vida é de 82,4 anos[7]. É membro fundador da Unión Europea, da OTAN, do Consello de Europa e da OCDE; adherido á ONU e ó tratado de Schengen. É ademais membro do G7, do G8 e do G20; participa no proxecto Nuclear Sharing da OTAN, é unha gran potencia rexional europea[8], capaz de exercer influencia política sobre opcións e decisións de orde extraeuropeo e internacional[9][10][11][12][13], e está en novena posición do mundo por gasto militar. En Roma teñen a súa sede numerosas organizacións internacionais coma a Organización para a Agricultura e a Alimentación, o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola, o Glocal Forum ou o Programa Mundial de Alimentos.
Italia posúe o maior número de sitios declarados patrimonio da Humanidade pola UNESCO[14]. É o quinto país do mundo e terceiro da Unión Europea que máis turistas recibe por ano, sendo Roma a terceira cidade máis visitada[15]. Outras cidades importantes son Milán, centro industrial e finaceiro, e, segundo o "Global Language Monitor", a capital da Moda[16]; Turín, centro da industria automobilística e do deseño industrial, Boloña, coa universidade máis antiga do mundo; as cidades históricas de Venecia, Florencia e Nápoles etc.
- Artigo principal: Historia de Italia.
O nome Italia vén da Roma antiga. Os romanos chamaban ao sur da península italiana de Italia, que significa "terra de bois" ou "terra de pastos".
Italia influenciou bastante o desenvolvemento cultural e social de toda a Europa mediterránea, e sobre toda a cultura europea. Importantes culturas e civilizacións existiron desde tempos prehistóricos, tales como a civilización etrusca, que dominaron esta parte do mundo durante séculos, e especialmente o Imperio Romano, que estendeu os seus límites sobre a maior parte do continente europeo, o norte da África e o Oriente Medio.
Despois da caída do Imperio Romano de Occidente en 476, a provincia italiana foi gobernada por unha serie de reis bárbaros, ata o século VI, cando os Estados Papais foron creados, coa capital en Roma, baixo o comando da Igrexa católica En 776, a Lombardía foi conquistada por Carlomagno, que foi coroado emperador da Lombardía e do Sacro Imperio Romano Xermánico en 800, polo papa León III.
A partir do século X, as cidades do norte da actual Italia pasaron a ficar máis independentes entre si, tornándose centros económicos e políticos importantes. Elas tornaríanse cidades-estado, ao longo da Idade Media e do Renacemento, e exercerían grande influencia sobre o panorama cultural e económico do continente europeo. San Marino é un vestixio desas cidades-estado.
A Italia tornouse unha nación unida o 17 de marzo de 1861, cando a maior parte das cidades-estado foron unidas sobre o comando do Rei Vítor Manuel II, do Piemonte. Os arquitectos da Unificación italiana foron o Conde de Cavour, o ministro-xefe de Vitor Manuel, e Giuseppe Garibaldi, un xeneral e heroe italiano. Roma ficaría baixo o control do Papado por máis unha década ata o 20 de setembro de 1870. O Vaticano é un país independente, un enclave totalmente cercado pola cidade de Roma, e un vestixio dos antigos Estados Papais.
Desde finais do século XIX, Italia converteuse nunha forza colonial, con colonias en Somalia, Eritrea, Libia e o Dodecaneso.
O goberno ditatorial de Benito Mussolini, en 1922, culminou cunha alianza coa Alemaña e mailo Xapón, e a consecuente formación do Eixo, que levaría á derrota italiana na segunda guerra mundial. O 2 de xuño de 1946, un referendo resultou na abolición da monarquía, e a instalación dunha república, que culminou coa adopción dunha nova constitución en 1 de xaneiro de 1948.
A Italia foi un membro fundador da OTAN, fundada en 4 de abril de 1949, e da Unión Europea, creada entre 1952 e 1958. En 14 de decembro de 1955, Italia tornouse un membro da Organización das Nacións Unidas. O país, desde entón, xuntouse á crecente unificación económica e política da Europa Occidental. Un exemplo disto foi a introdución do Euro como moeda oficial do país, en 1999, substituíndo a antiga Lira italiana.
- Artigo principal: Política de Italia.
A Constitución italiana de 1948 estableceu un Parlamento bicameral, que consiste nunha Cámara dos Deputados (Camera dei Deputati) e dun Senado (Senato della Repubblica) ben como un sistema xudiciario; e un sistema executivo composto dun Consello de Ministros (Consiglio dei ministri), liderado polo primeiro-ministro (Presidente del consiglio dei ministri). O presidente da república (Presidente della Repubblica) é elixido para mandatos de 7 anos de duración polo Parlamento, xuntamente cun certo número de delegados rexionais. O presidente escolle o primeiro ministro, e este propón os outros ministros, que son aprobados polo presidente. O Consello de Ministros precisan ter apoio (Fiducia - confianza) de ambas as casas do parlamento.
Os deputados son elixidos directamente pola poboación. De acordo coa lexislación italiana de 1993, Italia ten membros únicos de cada distrito do país, para 75% dos postos no parlamento. Os outros 25% dos postos parlamentares son distribuídos regularmente. A Cámara dos Deputados posúe oficialmente 630 membros (mais, de feito, son apenas 619 despois das eleccións italianas de 2001). O Senado é composto por 315 senadores, electos polo voto popular, ben como expresidentes e outras persoas (non máis que cinco), indicadas polo presidente da república, de acordo con provisións constitucionais especiais. Ambas as Cámaras de deputados e o Senado son electos para un mandato de no máximo cinco anos de duración, mais poden ser disolvidas antes ao termo do mandato. As leis poden ser creadas na Cámara de deputados ou no Senado, e para seren aprobadas, precisan da maioría en ambas as Cámaras.
O sistema xudicial italiano baséase nas leis romanas, modificadas polo Código Napoleónico e outros estatutos engadidos posteriormente. Hai tamén unha corte constitucional (Corte Costituzionale), unha innovación despois da segunda guerra mundial.
Dereitos humanos
En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Italia firmou ou ratificou:
Italia | Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[17] | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
CESCR | CCPR | CERD | CED | CEDAW | CAT[18] | CRC | MWC | CRPD | |||||||||
CESCR | CESCR-OP[19] | CCPR | CCPR-OP1 | CCPR-OP2-DP | CEDAW | CEDAW-OP[20] | CAT | CAT-OP | CRC | CRC-OP-AC | CRC-OP-SC | CRPD | CRPD-OP[21] | ||||
Pertenza | |||||||||||||||||
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes. |
- Artigo principal: Subdivisións de Italia.
Italia está dividida en rexións, provincias e cidades. As rexións son as maiores divisións, cada rexión posúe unha capital rexional. Por exemplo: Toscana é unha rexión e a súa capital é Florencia. Cada rexión está dividida tamén en pequenas provincias, cada unha delas tamén cunha capital.
Rexións de Italia: Italia está dividida en 20 rexións. Segue abaixo (do norte ó sur) as rexións e as súas respectivas capitais:
División de Italia en rexións | ||
---|---|---|
|
- Artigo principal: Xeografía de Italia.
A maior parte de Italia está localizada na Península Itálica, no continente europeo, e onde dous enclaves independentes están localizados: a República de San Marino e mailo Vaticano. As illas de Sicilia e Sardeña tamén fan parte de Italia.
Italia limita ao norte con Suíza e con Austria, ó leste coa Eslovenia, co Mar Adriático (a través do cal contacta tamén coa Croacia, Serbia e Montenegro (antiga Iugoslavia), Albania, e co Mar Xónico, que a separa de Grecia. Italia limita a sur co mar Mediterráneo (incluíndo a Canle de Malta que separa a Sicilia de Malta), co Mar Tirreno e co Mar da Liguria (ambos separando o territorio peninsular das illas de Sicilia e Sardeña e da illa francesa da Córsega). Finalmente, Italia limita ao oeste coa Francia.
O terreo italiano é bastante accidentado, cos Apeninos formando o esqueleto central da península. O punto máis alto de Italia é o Mont Blanc, cos seus 4,810 metros, mais dous volcáns están máis asociados co país: o Monte Etna, en Sicilia, e o Monte Vesuvio, preto de Nápoles.
- Artigo principal: Economía de Italia.
Italia ten unha economía industrial diversificada cunha renda total e per-capita máis ou menos igual ao da Francia ou do Reino Unido. Esta economía capitalista permanece dividida entre un norte industrialmente desenvolvido, dominado por empresas privadas, e un sur agrícola e menos desenvolvido, cunha taxa de desemprego do 20%. Por comparación cos veciños da Europa Occidental, ten un gran número de Pequenas e Medias Empresas PMEs. A maior parte das materias primas necesarias á industria e máis do 75% da enerxía son importadas.
Durante a última década, Italia seguiu unha política fiscal apertada a fin de cumprir os criterios da Unión Económica e Monetaria e beneficiouse de taxas de xuros e de inflación máis baixas, levando á adhesión ao Euro desde o inicio, en 1999.
O desenvolvemento económico de Italia ten vindo a atrasarse en relación aos seus socios da UE, e o actual goberno puxo en práctica numerosas reformas de curto prazo destinadas a aumentar a competitividade e o crecemento a longo prazo da economía. A pesar diso, ten andado devagar na implementación de reformas estruturais consideradas necesarias polos economistas neoliberais, como a diminución dos impostos, a flexibilización das leis que rexen o mercado de traballo e a reforma do sistema de pensións por causa do abrandamento económico en curso e da oposición dos sindicatos.
- Lista de empresas italianas