actriz española From Wikipedia, the free encyclopedia
Itziar Ituño Martínez, nada en Basauri (Biscaia) o 18 de xuño de 1974, é unha actriz vasca principalmente coñecida por interpretar o papel de Nekane na serie de televisión Goenkale.
(2018) | |
Nome orixinal | (eu) Itziar Ituño Martínez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de xuño de 1974 (50 anos) Basauri, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade do País Vasco |
Actividade | |
Ocupación | actriz , cantante |
Período de actividade | 1993 - |
Lingua | Lingua éuscara e lingua castelá |
Tesitura | Mezzosoprano |
Instrumento | Voz |
|
Itziar Ituño estudou teatro na escola de teatro de Basauri. Tamén está licenciada en socioloxía. A súa lingua materna é o castelán, máis cando tiña 19 anos aprendeu vasco, o que lle permitiu actuar na television publica vasca. A súa primeira película foi Agur Olentzero, agur (Adeus Olentzero, Adeus) no ano 1997. No 2001 empezou a traballar na telenovela Goenkale. Nesta interpretou o papel de Nekane Beitia, unha policía lesbiana da localidade de Arralde. Seguiu co papel ata o ano 2015, cando o programa foi cancelado. Continuou a traballar participando en Loreak e Igelak, nos anos 2015 e 2016. No 2017, conseguiu o papel de Raquel Murillo en La casa de papel, emitida por Antena 3 e despois comprada por Netflix.
Ademais da súa carreira no cine, televisión e teatro tamén é cantante en tres bandas: Dangiliske, EZ3, e INGOT. O 26 de setembro de 2017, presentou a Gala do Cine Vasco e a gala da EITB na edición número 65 do Festival internacional de Donostia.
O domingo 14 de xaneiro de 2024 participou na cabeceira dunha manifestación en contra da dispersión carceraria e a favor da excarceración dos presos da organización terrorista ETA,[1] acción que foi criticada en redes sociais e provocou a desvinculación respecto da súa persoa dun concesionario de coches da marca BMW.[2][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.