xenetista e biólogo evolutivo inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
John Burdon Sanderson Haldane FRS, nado en Oxford o 5 de novembro de 1892 e finado en Bhubaneswar, na India o 1 de decembro de 1964, foi un xenetista e biólogo evolutivo inglés. Xunto con Ronald Fisher e Sewall Wright, foi un dos fundadores da xenética de poboacións.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
A súa principal contribución consistiu nunha serie de artigos recompilados en A Mathematical Theory of Natural and Artificial Selection e resumidos en The Causis of Evolution (1932). Neses artigos Haldane estudaba dous aspectos fundamentais de cara a matematización da teoría evolutiva: a dirección e as taxas de cambio de frecuencias xénicas e a interacción da selección natural coa mutación e a migración. Non obstante, Haldane admitía diversas causas evolutivas, comoa a saltación e a ortoxénese, independentemente do protagonista da selección natural (Gould 2002, p. 543).
O traballo de Haldane converteuse nunha das principais contribucións á teoría evolutiva sintética ou síntese moderna, que restablece a selección natural como o mecanismo esencial do cambio evolutivo, explicándoo en termos de consecuencias matemáticas da xenética mendeliana.
Haldane desenvolveu tamén o "principio de Haldane", segundo o que afirma que o tamaño dos seres vivos define a complexidade dos seus órganos internos. No ano 1958 foi galardoado pola Sociedade Linneana de Londres coa Medalla Darwin-Wallace.
Haldane foi marxista militante e membro do Partido Comunista. Tamén participou na Guerra Civil Española.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: J. B. S. Haldane |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.