escritor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Jack Kerouac, nado en Lowell (Massachusetts) o 12 de marzo de 1922 e finado en San Petersburgo (Florida) o 21 de outubro de 1969, foi un novelista e poeta estadounidense, integrante da Xeración beat.
O seu nome orixinal era Jean-Louis Lebris de Kérouac, descendente de canadenses francófonos. Non aprendeu a falar inglés ata os seis anos.
Jack Kerouac axiña destacou como deportista practicando fútbol americano, gañando unha bolsa de estudos para a Universidade de Columbia (Nova York). Porén, unha lesión na perna e unha discusión co adestrador frustraron a súa carreira, polo que decidiu enrolarse na mariña mercante.
Escribía constantemente cando estaba en terra. Estaba asentado na cidade de Nova York, onde coñeceu outros membros da Xeración Beat, como Allen Ginsberg, Neal Cassady ou William S. Burroughs.
Morreu con 47 anos debido a un derramo interno, produto dunha cirrose. Na súa tumba pódese ler o seguinte epitafio "Ti-Jean, honrou a vida". Foille outorgado un doutoramento póstumo por parte da Universidade de Massachusetts.
Pasou varios anos buscando un estilo propio, ao que finalmente chamou prosa espontánea ou "kickwriting". Cando lle preguntaban acerca das súas opinións acerca da escritura, non se esforzaba en facer diferenzas entre a prosa e a poesía. Sostiña que as súas ideas se aplicaban tanto a un como ao outro xénero. A espontaneidade como método traspasaba os límites das formas da escritura. Gustáballe dicir que cando estaba traballando nunha novela cada parágrafo era un poema dentro dun estendido texto que flotaba no mar da lingua inglesa.
A fama acabou co tímido entolecido de Kerouac, que tiña o costume de presentarse bébedo ás entrevistas para intentar superar o difícil transo de explicar a mística das novelas que escribira moitos anos atrás e que ninguén se atrevera a publicar.
Entre as súas influencias están autores como Thomas Wolfe, Fiódor Dostoievski, Marcel Proust, Jack London ou James Joyce.
Así mesmo, serviu de referencia a xente como Tom Robbins, Richard Brautigan, Ken Kesey, Jim Morrison, John Lennon, Bob Dylan, Tom Wolfe, Tom Waits, Jerry Garcia, Ben Gibbard ou Joe Cutler.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jack Kerouac |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.