Jaime Ozores de Prado
militar e filántropo galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño,[1] nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.
Datos rápidos Nacemento, Lugar de nacemento ...
Jaime Ozores de Prado | |
---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1846 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 2 de maio de 1922 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Soterrado | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | militar |
Irmáns | José María Ozores de Prado |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar
Fillo de Eduardo Ozores Valderrama e irmán de José María Ozores de Prado. Foi coronel de artillaría. Vinculado ao catolicismo social. Presidiu a Real Academia Galega de Belas Artes (1901-1922),[2] e promoveu a creación do Museo Provincial e das Escolas Populares Gratuítas na Coruña. Foi membro da Real Academia Galega desempeñando o cargo de secretario.[3] Foi coleccionista de arte.
A páxina Módulo:Gallery/styles.css non ten contido.
- Retratado por Gumersindo Pardo Reguera.
- Casa Ozores na Cidade Vella da Coruña.
- Placa na casa.
- O marquesado de San Martiño recibe o nome da parroquia de San Martiño de Ombreiro (Lugo).
- "Presidentes". Ral Academia Gallega de Bellas Artes (en castelán).
- "Jaime Ozores de Prado". Real Academia Galega.
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jaime Ozores de Prado |
Bibliografía
- "Ozores de Pardo, Xaime". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 54.