Jamboree
From Wikipedia, the free encyclopedia
Jamboree é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Beat Happening, publicado en 1988 a través dos selos K Records e Rough Trade Records. Todos os temas foron producidos por Steve Fisk coa asistencia dos membros de Screaming Trees Mark Lanegan e Gary Lee Conner (que toca un breve solo de guitarra en "Midnight a Go-Go"), agás "Cat Walk," producida por Patrick Maley, e "The This Many Boyfriends Club", gravada ao vivo por Rich Jensen. O disco marca unha aproximación máis escura ao twee pop polo cal a banda é coñecida, debido principalmente a unha produción máis turbia que está presente nas primeiras gravacións do grupo e ao dominio de temas compostos por Calvin Johnson, mentres que Heather Lewis só canta en dúas cancións, a infrecuentemente descarada "In Between" e a máis típica "Ask Me". No momento do lanzamento do disco, Johnson describiu o son de Jamboree como "escuro e sexy". Aínda así, a banda retivo o seu énfase na exuberancia sobre a musicalidade, como Bret Lunsford dixo nunha entrevista, mentres gravaba a primeira canción do álbum, "Bewitched", unha corda da guitarra atascouse nun parafuso que saía e el continuou tocando o tema, golpeando un pouco máis forte a corda ata que se desenganchou.
Jamboree | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Beat Happening | ||||
Publicado | 1988 | |||
Gravación | 1988 | |||
Duración | 23:58 | |||
Xénero(s) | indie rock, twee pop | |||
Selo(s) | K Records, Rough Trade Records | |||
Producido por | Steve Fisk, Mark Lanegan e Gary Lee Conner | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Dúas cancións de Jamboree, "Bewitched" e "Indian Summer", foron listadas como de escoita esencial no artico de 2005 de Pitchfork sobre twee pop titulado "Twee as Fuck".[1] "Indian Summer" é quizais a canción máis coñecida do grupo, xa que foi versionada con éxito pola banda de dream pop Luna, cuxo cantante, Dean Wareham, bromeou en The Shield Around the K: The Story of K Records, un documental sobre a historia do selo K Records de Johnson, dicindo que a canción era "o 'Knocking on Heaven's Door' indie-- todos a fixeron". O tema tamén foi versionado por Ben Gibbard para a banda sonora do documental Kurt Cobain: About a Son; Jamboree era un dos álbums favoritos de Cobain.[2][3][4] AllMusic dixo do álbum: "...cara corte é unha marabilla de inocencia e inxenuidade".[5]