James Frazer Stirling
From Wikipedia, the free encyclopedia
James Frazer Stirling, nado en Glasgow o 22 de abril de 1926 e finado o 25 de xuño de 1992, foi un arquitecto escocés.
James Frazer Stirling | |
---|---|
Nome completo | James Frazer Stirling |
Nacemento | 22 de abril de 1926 |
Lugar de nacemento | Glasgow |
Falecemento | 25 de xuño de 1992 |
Lugar de falecemento | Londres |
Nacionalidade | Reino Unido e Alemaña |
Alma máter | Universidade de Liverpool, Escola de Arte e Design de Liverpool e Calderstones School |
Ocupación | arquitecto |
Coñecido por | Neue Staatsgalerie |
Premios | Premio Pritzker, Premio Alvar Aalto, Medalla de Ouro do RIBA, Praemium Imperiale, Fellow of the Royal Institute of British Architects, Knight Bachelor e Prémio Stirling |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Estudou arquitectura na Universidade de Liverpool. Rematados os seus estudos universitarios traballou durante varios anos nun estudo de arquitectos de Londres e establecendo logo o seu propio despacho, tamén en Londres, cun socio, James Gowan. Influenciados polas obras tardías de Le Corbusier, Stirling e o seu socio deseñaron varios edificios que marcaron un novo estilo, combinando nas fachadas o ladrillo co formigón visto. No 1963 separouse de Gowan, e no 1971 asociouse con Michael Wilford.
Para Stirling un edificio debe reflectir o uso ao que é dedicado, e xa que son persoas as que protagonizan ese uso, o edificio debe amosar unha riqueza e unha variedade de elementos na súa fachada e non debe ser de ningún xeito simple. Así, por exemplo, un edificio dedicado a investigar ou amosar a historia, debe dispoñer de formas e elementos que evoquen os acontecementos históricos no transcurso das diferentes épocas. O xeito no que estas formas e elementos se combinan constitúe para Stirling a arte da arquitectura. Deseñar edificios máis humanos é outra constante na traxectoria de Stirling. As consideracións humanísticas do edificio, dentro da súa contorna, dominan todo o relativo á estrutura, a estética e até a economía.
No 1981 Stirling recibiu o premio Pritzker, o galardón de maior prestixio internacional en arquitectura.
Modelo:PremiosPritzker