Jan van Eyck
pintor flamenco / From Wikipedia, the free encyclopedia
Jan van Eyck, nado contra 1385 presumiblemente en Maaseyck e finado en 1441, foi un pintor flamengo.
O pintor e biógrafo de artistas florentino Giorgio Vasari, atribuíu a Jan Van Eyck unha das innovacións que máis consecuencias tería na pintura: Na súa edición de "Le Vite" deixou sentenciado que fora a orixe da pintura ao óleo. Vasari conta que Van Eyck descobreu casualmente que os óleos son aptos como aglutinantes. E continúa narrando a través da biografía de Antonello da Messina como esta nova técnica pictórica acabaría sendo coñecida en Italia.
A fortuna de tal aserto foi tal, que ao longo dos séculos tense reproducido como orixinal tal afirmación.
Carel van Mander, na súa obra Schilderboek (1604) cualifica aos irmáns Van Eyck como fundadores da arte holandesa. E narra as probas experimentais cos aceites de liñaza e noces na procura de vernices que sequen o máis axiña posible.
Incluso a Enciclopedia de Diderot e D`Alembert (1751-1780) mantivo a afirmación sobre a orixe da pintura ao óleo.