actor francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Jean-Pierre Léaud ([ʒɑ̃pjɛʁ le.o]), nado en París o 28 de maio de 1944, é un actor francés, coñecido por interpretar a Antoine Doinel na serie de filmes de François Truffaut sobre esta personaxe, sendo unha recoñecida figura da Nouvelle Vague.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1944 (80 anos) 20.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema , guionista , actor de cinema |
Período de actividade | 1959 - |
Lingua | Lingua francesa |
Familia | |
Pais | Pierre Léaud (pt) e Jacqueline Pierreux (pt) |
Premios
| |
|
Nado en París, debutou coma actor con catorce anos como Antoine Doinel, personaxe semiautobiográfico baseado na vida do director francés François Truffaut, en Les Quatre Cents Coups. Para atopar os dous adolescentes, Truffaut publicou un anuncio en France-Soir e viu varios centos de nenos e setembro e outubro de 1958. Jean Domarchi, crítico de Cahiers du cinéma, recomendara previamente o fillo do guionista Pierre Léaud e a actriz Jacqueline Pierreux.
Léaud, entón no oitavo grao dunha escola privada de Pontigny, non era un estudante ideal. O director da súa escola escribiu a Truffaut: "Sinto informalo de que Jean-Pierre é cada vez máis 'inmanexable'. Indiferenza, arrogancia, desafíos permanentes, falta de disciplina en todas as súas formas. Foi pillado dúas veces mirando imaxes pornográficas no cuarto. Está volvéndose un caso emocionalmente trastornado".[1]
Léaud protagonizou outros catros filmes de Truffaut na personaxe de Doinel nun período de vinte anos. Colaborou tamén noutros filmes fóra desta personaxe coma A noite americana, sendo un dos actores máis relacionados coa Nouvelle Vague, xa que tamén traballou con Jean-Luc Godard en nove filmes, Jean Eustache, Jacques Rivette e Agnes Varda.
Tamén actuou en filmes doutros influentes directores coma Pier Paolo Pasolini, Jerzy Skolimowski, Bernardo Bertolucci, Aki Kaurismäki, Olivier Assayas e Tsai Ming-liang. Apareceu co seu heroe Marlon Brando en O derradeiro tango en París, aínda que nunca coincidiron na rodaxe porque as escenas de Léaud foron filmadas un sábado e Brando non traballaba sábados.[2]
Ano | Título | Personaxe |
---|---|---|
1958 | La Tour, prends garde ! | Pierrot |
1959 | Les Quatre Cents Coups | Antoine Doinel |
1960 | Boulevard | Jojo |
O testamento de Orfeo | Dargelos | |
1962 | Antoine et Colette | Antoine Doinel |
1965 | Pierrot le Fou | a spectator |
L’amour à la mer | cameo | |
1966 | Le Père Noël a les yeux bleus | Daniel |
Made in U.S.A. | Donald Siegel | |
Masculin Féminin | Paul | |
Alphaville | the waiter | |
1967 | Weekend | Saint-Just |
La Chinoise | Guillaume | |
Le Départ | Marc | |
1968 | Baisers volés | Antoine Doinel |
1969 | Porcile | Julian Klotz |
Le gai savoir | le Rousseau | |
1970 | Domicile conjugal | Antoine Doinel |
Der Leone Have Sept Cabeças | Preacher | |
1971 | Le deux anglaises et le continent | Claude Roc |
Out 1 | Colin | |
1972 | O derradeiro tango en París | Tom |
1973 | La maman et la putain | Alexandre |
A noite americana | Alphonse | |
1979 | L’amour en fuite | Antoine Doinel |
1981 | Aiutami a sognare | Mario |
1985 | L’île au trésor | Midas |
Détective | Inspector Neveu | |
1987 | Les keufs | Commissioner Bullfinch |
1988 | 36 Fillette | Boris Golovine |
1989 | Bunker Palace Hôtel | Solal |
1990 | I Hired a Contract Killer | Henri Boulanger |
1992 | La Vie de Bohème | Blancheron |
1995 | Les cent et une nuits de Simon Cinéma | Jean-Pierre |
1996 | Mon homme | Monsieur Claude |
Irma Vep | René Vidal | |
2001 | Le pornographe | Jacques Laurent |
What Time Is It There? | Jean-Pierre/home no cemiterio | |
2004 | Folle embellie | Fernand |
2005 | J'ai vu tuer Ben Barka | Georges Franju |
2009 | Face | Antoine/King Herodes |
2011 | Le Havre | the informer |
2012 | Camille redouble | the jeweller |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.