lingüista alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Johannes Friedrich Heinrich Schmidt, nado en Prenzlau (Brandeburgo) o 29 de xullo de 1843 e finado en Berlín o 4 de xullo de 1901, foi un lingüista alemán. Desenvolveu a chamada Wellentheorie (teoría das ondas) da evolución das linguas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xullo de 1843 Prenzlau |
Morte | 4 de xullo de 1901 (57 anos) Berlín |
Lugar de sepultura | Kaiser Wilhelm Memorial Cemetery (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Prusia |
Educación | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn Universidade de Jena |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística, filoloxía, linguas indoeuropeas, lingüística comparada e Lingua sánscrita |
Lugar de traballo | Bonn Graz |
Ocupación | lingüista , profesor universitario , filólogo |
Empregador | Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn Universidade de Graz Universidade Humboldt de Berlín |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Doutorando | Ernst Fraenkel (pt) |
Recibiu educación nas Universidades de Bonn e Jena onde estudou filoloxía (lingüística histórica) co gran indoeuropeísta August Schleicher e especializouse en indoeuropeo, especialmente en linguas eslavas. Obtivo un doutoramento en 1865 e traballou desde 1866 como profesor no gymnasium en Berlín.
En 1868 a Universidade de Bonn invitouno a tomar posesión como profesor de alemán e linguas eslavas. En Bonn publicou a obra Die Verwandtschaftsverhältnisse der indogermanischen Sprachen ('As relacións das linguas indoeuropeas', 1872), onde aparece presentada a súa Wellentheorie ('teoría das ondas'). Segundo esta, novos trazos dunha lingua espállanse desde un punto central en círculos concéntricos cada vez máis febles, de forma semellante ás ondas que se crean cando se bota unha pedra na auga. Isto pode levar a que linguas diferentes converxan. A teoría opúñase á doutrina da lei fonética introducida polos neogramáticos en 1870.
Desde 1873 a 1876 Schmidt foi profesor de filoloxía na Universidade de Graz en Austria. En 1876 volveu a Berlín, onde traballo como profesor na Universidade Humboldt.
Foi coeditor con Ernst Kuhn da Zeitschrift für vergleichende Sprachforschung (‘Revista para a investigación lingüística comparada’) desde 1875 ata 1901.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.