director, guionista e actor de cinema norteamericano From Wikipedia, the free encyclopedia
John Huston, nado en Nevada (Missouri) o 5 de agosto de 1906 e finado o 28 de agosto de 1987, foi un director, guionista e actor de cinema norteamericano.
Foi un personaxe inquedo, xa que tamén foi boxeador, xornalista, novelista, militar, criador de cabalos, cazador, coleccionista de arte... De feito, na súa adolescencia chegou a ser un campión de boxeo e exerceu como agregado militar estadounidense no exército mexicano. Contraeu o seu primeiro matrimonio á temperá idade de 20 anos. Viviu como pintor na rúa en París durante unha tempada, traballou como actor e foi redactor nunha revista neoiorquina.
Comezou no cine como extra nalgunha película, como O home de palla, Santos do inferno ou The Storm. Grazas ao seu pai, que era actor, foi guionista de varias películas de William Wyler (A casa da discordia ou Jezebel) e traballou nunha cantidade impresionante de guións durante a década de 1930 e principios dos anos 1940 (O sarxento York, O dobre crime de rúa Morgue, O último refuxio, entre outras). A súa primeira película como director, da que tamén foi guionista, O falcón maltés, segue sendo considerada unha obra mestra da historia do cine, con Humphrey Bogart como protagonista. As súas seguintes películas importantes tamén estiveron protagonizadas por Bogart: O tesouro de Serra Madre e Key Largo.
A raíña de África, outra das súas obras mestras, rodada en 1951, demostrou ao seu equipo ata onde estaba disposto a chegar para rodar unha película, rodando na República do Congo, con mosquitos, calor e todo tipo de enfermidades. Errol Flynn e Trevor Howard tamén sufriron grandes penalidades durante a rodaxe de As raíces do ceo no Chad.
Con todo, a súa carreira tivo certa irregularidade, ao aceptar dirixir películas como A Biblia, producida por Dino de Laurentiis; Annie; Evasión ou vitoria, ou Casino Royale, película de James Bond que contou con cinco directores distintos.
A pesar diso, seguiu facendo grandes películas posteriormente, como Reflexos nun ollo dourado ou Debaixo do volcán.
Tivo ocasión de dirixir ao seu propio pai, o oscarizado actor Walter Huston, en polo menos cinco longametraxes, e tamén dirixiu á súa filla, Anjelica Huston, en A honra dos Prizzi e en Dublineses, entre outras.
Faleceu en Middletown (Rhode Island) dun enfisema. Pódese afirmar que Huston é un dos grandes directores da historia recente do cine.
Non inclue filmes nos que tamén foi director
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Huston |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.