Jean-Philippe Léo Smet, coñecido como Johnny Hallyday, nado en París o 15 de xuño de 1943 e finado o 5 de decembro de 2017 en Marnes-la-Coquette, preto da capital francesa, foi un cantante e actor francés.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Johnny Hallyday (2012) |
Biografía |
---|
Nacemento | (fr) Jean-Philippe Clerc 15 de xuño de 1943 9.º arrondissement de Paris (Francia)
|
---|
Morte | 5 de decembro de 2017 (74 anos) Marnes-la-Coquette (Francia)
|
---|
Causa da morte | cancro de pulmón |
---|
Lugar de sepultura | cemetery of Saint-Barthélémy (en) |
---|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
Outros nomes | Johnny Hallyday |
---|
País de nacionalidade | Francia |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Actuación e canto |
---|
Ocupación | actor , actor de cinema , actor de televisión , artista discográfico , compositor , cantante , chansonnier |
---|
Período de actividade | 1957 - 2017 |
---|
Xénero artístico | Música rock, rock and roll, chanson, Blues rock, country rock, French rock (en) , música pop, sentimental ballad (en) , Blues, Rhythm and blues, Soul, Música country e Rock psicodélico |
---|
Lingua | Lingua francesa |
---|
Tesitura | Baryton-Martin (en)
|
---|
Instrumento | Guitarra e voz |
---|
Selo discográfico | Disques Vogue Warner Music Group Universal Music France PolyGram |
---|
Compañeiro profesional | Sylvie Vartan: Sylvie Vartan and Johnny Hallyday (en) |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Laeticia Smet (1996–2017) Adeline Blondieau (1994–1995) Adeline Blondieau (1990–1992) Babeth Étienne (1981–1982) Sylvie Vartan (1965–1980) |
---|
Parella | Leah (en) (1988–1989) Gisèle Galante (en) (1987–1988) Nathalie Baye (1982–1986) Sabina (en) (1981–1981) |
---|
Fillos | David Hallyday (pt) () Sylvie Vartan Jade Smet (en) , filla adoptiva () Laeticia Smet (pt) Laura Smet (pt) () Nathalie Baye Joy Smet (en) , filla adoptiva () Laeticia Smet (pt) |
---|
Pai | Léon Smet (pt) |
---|
Cronoloxía |
---|
|
9 de decembro de 2017 | Funeral (Igreja de la Madeleine (pt) )
|
|
Premios |
|
|
Pechar
De pai belga e nai francesa, é considerado unha icona no mundo francófono dende os inicios da súa carreira, para algúns incluso o equivalente francés de Elvis Presley[Cómpre referencia].
Estivo casado coa tamén cantante francesa Sylvie Vartan entre 1965 e 1980. Ambos tiveron un fillo: David Hallyday, que seguindo a tradición familiar tamén se fixo cantante. Johnny Hallyday e Sylvie Vartan foron a "parella de moda"[Cómpre referencia] da súa xeración en Francia, atraendo constantemente a atención da prensa rosa.
A súa carreira prolongouse por 50 anos na industria da música. Foi unha das estrelas máis grandes de Francia: 400 xiras, 18 discos de platino, actuacións diante de 15 millóns de persoas e vendas de 100 millóns de discos dende o principio da súa carreira[Cómpre referencia].
Con todo e iso, Hallyday non acadou a mesma sona fóra de Francia e do mundo francófono, e a miúdo foi descrito en países de fala inglesa como «a estrela de rock máis grande que nunca oiches cantar»[Cómpre referencia].
En 2006 realizou dous duetos coa cantante italiana Laura Pausini nas cancións La loi du silence durante un concerto del e Come Il Sole All'improvviso para a versión italiana do disco Io Canto de ela.
Colaborou con Loquillo no seu álbum Balmoral (2008), participando no tema Cruzando o paraíso.
- Hello Johnny (1960, Vogue)
- Nous les Gars, Nous les Filles (1961, Vogue)
- Tête a Tête avec Johnny (1961, Vogue)
- Salut les Copains! (1961, Philips)
- Johnny Hallyday sings America's Rockin' Hits (1962, Philips)
- Les Bras en Croix (1963, Philips)
- Les Rocks les Plus Terribles (1964, Philips)
- Halleluyah (1965, Philips)
- Johnny Chante Hallyday (1965, Philips)
- La Génération Perdue (1966, Philips)
- Johnny 67 (1967, Philips)
- Jeune Homme (1968, Philips)
- Rêve et Amour (1968, Philips)
- Rivière... Ouvre ton Lit (1969, Philips)
- Vie (1970, Philips)
- Flagrant Délit (1971, Philips)
- Country-Folk-Rock (1972, Philips)
- Insolitudes (1973, Philips)
- Je t'Aime, Je t'Aime, Je t'Aime (1974, Philips)
- Rock'n Slow (1974, Philips)
- Rock a Memphis (1975, Philips)
- La Terre Promise (1975, Philips)
- Derrière l'Amour (1976, Philips)
- Hamlet (1976, Philips)
- C'est la Vie (1977, Philips)
- Solitudes a Deux (1978, Philips)
- Hollywood (1979, Philips)
- A Partir de Maintenant.. (1980, Philips)
- En Pièces Détachées (1981, Philips)
- Pas Facile (1981, Philips)
- Quelque Part un Aigle (1982, Philips)
- La Peur (1982, Philips)
- Entre Violence et Violon (1983, Philips)
- Hallyday 84: Nashville en Direct (1984, Philips)
- En V.O (1984, Philips)
- Rock'n'Roll Attitude (1985, Philips)
- Gang (1986, Philips)
- Cadillac (1989, Philips)
- Ca Ne Change Pas un Homme (1991, Philips)
- Rough Town (1994, Philips)
- Lorada (1995, Philips)
- Ce Que Je Sais (1998, Philips)
- Sang pour Sang (1999, Philips)
- A la Vie, a la Mort (2002, Mercury)
- Ma Vérité (2005, Mercury)
- Jamais seul con Matthieu Chedid (e unha reanudación da canción "Tanagra" escrita por Brigitte Fontaine)
- Johnny et Ses Fans au Festival de Rock'n'Roll (1961, Vogue)
- A l'Olympia (1962, Philips)
- Olympia 64 (1964, Philips)
- Olympia 67 (1967, Philips)
- Au Palais des Sports (1967, Philips)
- Que Je t'Aime (1969, Philips)
- Live at the Palais des Sports (1971, Philips)
- Palais des Sports (1976, Philips)
- Pavillon de Paris (1979, Philips)
- Live (1981, Universal Music)
- Palais des Sports 1982 (1982, Universal Music)
- Au Zénith (1984, Universal Music)
- A Bercy (1987, Universal Music)
- Dans la Chaleur de Bercy (1990, Universal Music)
- Bercy 92 (1992, Universal Music)
- Parc des Princes (1993, Universal Music)
- A La Cigale (1994, Universal Music)
- Lorada Tour (1995, Universal Music)
- Destination Vegas (1996, Universal Music)
- Johnny Allume le Feu: Stade de France 98 (1998, Universal Music)
- 100% Johnny: Live a La Tour Eiffel (2000, Universal Music)
- Olympia 2000 (2000, Universal Music)
- Parc des Princes 2003 (2003, Universal Music)
- Flashback Tour Live (2006, Warner Music)
- La Cigale (2007, Warner Music)
- ¿Entendes? (1999) como José
- Love me (2000)
- O home do tren (2002) como Milan
- Crime Spree (2003) como Marcel Burot
- Crimson Rivers II: Angels of the Apocalypse (2004) como L'ermite borgne Les rivières pourpres II - Les anges de l'apocalypse
- Quartier V.I.P (2005) como Alex
- Jean-Philippe (2006) como Jean-Philippe