industrial e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Fandiño Pidre, nado en Moaña o 14 de xaneiro de 1902 e finado en Vigo o 31 de decembro de 1936, foi un industrial e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xaneiro de 1902 Moaña, España |
Morte | 31 de decembro de 1936 (34 anos) Vigo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Moaña | |
22 de marzo de 1936 – 22 de xullo de 1936 (destitución) ← José Romero Piñeiro – José Carvajal Quiroga → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua galega |
Emigrou a Nova York co seu pai. En 1935 e cos aforros da emigración decidiu quedar definitivamente, para montar un café económico na súa casa da Seara. Logo das eleccións de febreiro de 1936 que supuxeron a vitoria da Frente Popular foi restituída a corporación de elección popular de Moaña, pero foi destituída ao pouco tempo e nomeada unha xestora para a que foi nomeado concelleiro e elixido alcalde o 22 de marzo de 1936.[1]
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 22 de xullo. Nun intento de salvar a vida, chegou a contribuír economicamente coa Falanxe de Moaña, pero finalmente foi detido e procesado por auxilio á rebelión. Foi condenado a pena de morte e fusilado en Vigo o 31 de decembro con Jesús Fervenza Pena, Jesús Vilariño Santomé e Fernando Lago Lago;[2] a súa casa foi embargada.
Predecesor: José Romero Piñeiro |
Alcalde de Moaña 1936 |
Sucesor: José Carvajal Quiroga |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.