empresario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Manuel Silva Losada, coñecido como Sakuska, nado en Cambados cara a 1897, foi un empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1897 Cambados |
Morte | século XX valor descoñecido |
Alcalde de Cambados | |
15 de marzo de 1936 – xullo de 1936 ← Juan Salgado Pérez – Manuel Silva Núñez → | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Sakuska |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , político |
Lingua | Lingua castelá |
Emigrante na Arxentina, ao seu regreso foi propietario da empresa de autobuses Plus Ultra, que cubría a liña entre Cambados e Pontevedra. Posteriormente montou o Café Sakuska e máis tarde puxo un coche de servizo público. Secretario da Agrupación Socialista de Cambados, co triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Cambados o 15 de marzo.[1]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. O 24 de setembro foi posto a disposición do comandante militar de Pontevedra polo delegado de Orde Pública xunto a Elías Porto Trigo e Antonio Chaves del Río, detidos no cárcere de Cambados. Foi xulgado en Consello de guerra o 10 de decembro de 1936, con Antonio Chaves del Río, Peregrino Pontevedra González, Juan José Varela Oubiña, Manuel Bugallo Martínez e Manuel Martínez Piñeiro.[2] Condenado a cadea perpetua, pasou polo campo de concentración da Illa de San Simón, foi trasladado ao penal de San Cristóbal de Pamplona en maio de 1937, para finalmente cumprir condena na Prisión Central de Figueirido dende xullo de 1940, de onde saíu en liberdade provisional en 1941.[3] Despois dedicouse a seguros, representacións e outros negocios.[4]
Predecesor: Juan Salgado Pérez |
Alcalde de Cambados 1936 |
Sucesor: Manuel Silva Núñez |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.