José Manuel Vázquez Vázquez
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Manuel Vázquez Vázquez | |
---|---|
Nacemento | 1972 |
Lugar de nacemento | A Illa de Arousa |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Manuel Vázquez Vázquez, "Manel", nado na Illa de Arousa en 1972[Cómpre referencia], é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
É licenciado en Ciencias Económicas. Nas eleccións municipais de 1999 presentouse á alcaldía da Illa de Arousa encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde co apoio do BNG, sendo o primeiro alcalde electo trala segregación da Illa de Vilanova. Continuou como alcalde nas municipais de 2003 en minoría. Nas municipais de 2007 acadou a alcaldía por maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu acadar a alcaldía grazas a un pacto co BNG. Nas eleccións xerais de novembro do 2011 foi candidato número 3 do PSdeG-PSOE ó Congreso por Pontevedra, pero non logrou ser elixido. En setembro de 2013 disputou fronte a Xosé Ramón Gómez Besteiro as primarias ao cargo de Secretario Xeral do PSdeG, pero non logrou o posto. Renunciou a presentarse á reelección nas municipais de 2015, sendo substituído por Carlos Iglesias Cores á fronte dos socialistas, que logrou revalidar a alcaldía para o PSdeG con maioría absoluta.
Tras abandonar a alcaldía ocupou cargos de confianza na Deputación de Pontevedra, e formou parte da Exectutiva Provincial do PSdeG en Pontevedra como Secretario de Acción Electoral a partir de 2018, sendo confirmado trala renovación dos órganos de dirección provincial en 2022.
Predecesor: Juan Manuel Dios Oubiña (xestora) |
![]() Alcalde da Illa de Arousa 1999 - 2015 |
Sucesor: Carlos Iglesias Cores
|
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.