Josh Homme
músico estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Joshua Michael Homme, nado en Joshua Tree (California) o 17 de maio de 1973 , é un músico e produtor estadounidense.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Joshua Michael Homme 17 de maio de 1973 (50 anos) Palm Springs, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Marywood-Palm Valley school (en) Palm Desert High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista , compositor , produtor musical , cantautor , cantante , director de cinema |
Período de tempo | Século XXI |
Período de actividade | 1985 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock e heavy metal |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Elektra Records |
Outro | |
Cónxuxe | Brody Dalle (2007–) |
Condenado por | asalto |
Pechar
Foi un dos membros fundadores da banda de stoner rock Kyuss, e tamén de Queens of the Stone Age, onde canta e toca a guitarra. Porén Homme é un multi-instrumentista e tamén toca o baixo, a batería e os teclados. Co-fundou e ocasionalmente toca con Eagles of Death Metal como batería, e continúa producindo e editando series de improvisación musical con outros músicos, a maioría da escena de Palm Desert, coñecidas como The Desert Sessions. No ano 2009 apareceu nun novo proxecto chamado Them Crooked Vultures, ao carón de Dave Grohl e John Paul Jones.