escritor español From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Antonio Moguel Urquiza, nado en 1745, finado en 1804, foi un sacerdote e escritor vasco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1740 Eibar, España |
Morte | 13 de maio de 1804 (63 anos) Markina-Xemein, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | escritor , sacerdote católico , inquisidor |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua éuscara |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pais | Juan Ignacio Moguel Almazan (en) e Gabriela Ignazia Urkiza Aranzabal (en) |
Moguel foi unha figura relevante da intelectualidade vasca do século XIX. Realizou diversos estudos sobre a orixe da lingua vasca e a súa relación coas outras linguas prerrománicas e románicas. Realizou diversas obras en éuscaro e en castelán. Entre elas destaca Peru Abarca, que se pode considerar a primeira novela escrita en éuscaro.
Naceu en Éibar, Guipúscoa, País Vasco en 1745. Foi ordenado sacerdote en 1770 e destinado como párroco a Xemín, barrio de Markina. Foi membro da "Real Sociedad Bascongada de Amigos del País" e mantivo abundantes relacións coa elite intelectual daquel tempo (Peñaflorida, Samaniego, Astarloa, J.M. Aguirre, Humboldt ou Vargas Ponce). Humboldt dicía que Juan Antonio Moguel é un dos lingüistas máis doutos de Biscaia. Morreu en Markina (Biscaia) en 1804 á idade de 59 anos.
Foi tío de dous coñecidos escritores en éuscaro: Joan Jose e Bizenta Moguel.
A obra de Juan Antonio Moguel foi extensa e divídese tradicionalmente pola temática dos seus traballos:
Nestes dous estudos realizados en castelán sobre a historia e o éuscaro expuxo a tese do vascoiberismo, onde se emparentaba o éuscaro coas linguas ibéricas prerromanas e doutros lugares de Europa. Xustificaba o seu discurso co estudo da etimoloxía do éuscaro e a toponimia peninsular.
Escribiu e traduciu diferentes obras relixiosas, a primeira no dialecto guipuscoano e as outras dúas en biscaíño:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.