Jungfrukällan
filme de 1960 dirixido por Ingmar Bergman / From Wikipedia, the free encyclopedia
Jungfrukällan é un filme sueco de 1960 dirixido por Ingmar Bergman. Ambientado na Suecia medieval, é unha historia sobre a reacción desapiadada dun pai perante a violación e asasinato da súa filla pequena. A historia foi adaptada polo guionista Ulla Isaksson a partir da balada sueca do século XIII "Töres döttrar i Wänge" ("A filla de Töre en Vänge"). Bergman investigou a lenda de Per Töre co obxectivo de facer unha adaptación, considerando unha ópera antes de decidirse por unha versión cinematográfica. Isaksson e Bergman exploraron diversos temas en Jungfrukällan, cuestionando a moral, a vinganza e as crenzas relixiosas. A escena da violación tamén foi obxecto de censura nas proxeccións dos Estados Unidos.
Jungfrukällan | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Jungfrukällan |
Director | Ingmar Bergman |
Produtor | Ingmar Bergman Allan Ekelund |
Guión | Ulla Isaksson |
Intérpretes | Max von Sydow Birgitta Valberg Gunnel Lindblom Birgitta Pettersson |
Música | Erik Nordgren |
Fotografía | Sven Nykvist |
Montaxe | Oscar Rosander |
Distribuidora | Janus Films |
Estrea | 8 de febreiro de 1960 |
Duración | 89 minutos |
Orixe | Suecia |
Xénero | Drama |
Recadación | 700 000 dólares (USA)[1] |
Na rede | |
O filme gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 33ª edición dos premios, entre outros galardóns.