K. C. Jones (nome completo), nado en Taylor, Texas o 25 de maio de 1932 e finado en Connecticut o 25 de decembro de 2020, foi un xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense. Como xogador, conseguiu 8 aneis de campión da NBA, sendo só superado nese aspecto polos seus compañeiros de equipo en Boston Celtics Bill Russell e Sam Jones. Ademais conseguiu outros dous como adestrador nos anos oitenta, tamén cos Celtics.
Traxectoria deportiva
Universidade
Xogou a liga de baloncesto universitario coa Universidade de San Francisco, onde xunto a Bill Russell, conseguiron dous títulos da NCAA en 1955 e 1956, aínda que nesta última tempada non puido xogar, ao ser o seu quinto ano na universidade. Porén, foi elixido para disputar coa Selección de baloncesto de Estados Unidos os Xogos Olímpicos de Melbourne 1956, onde lograron o ouro. Fixo, durante a súa tempada universitaria, un total de 9,8 puntos e 5,1 rebotes por partido.
Profesional
Foi elixido na segunda rolda do draft da NBA de 1956 polos Boston Celtics, aínda que non chegou a vestir a camiseta verde até 1958, tras dous anos de servizo militar. as súas 9 tempadas como profesional transcorreron na cidade de Massachusetts, onde coincidiu coa época dourada do equipo, logrando 8 campionatos. Tras perder nos play-offs de 1967 ante Philadelphia 76ers, K.C. retirouse das canchas.
Equipos
Adestrador
A súa etapa como adestrador principal comezou nos San Diego Conquistadors, un equipo da extinta liga ABA que desapareceu moi pronto. Previamente, fora asistente nos Lakers. De aí pasou aos Capital Bullets, onde permaneceu durante 3 tempadas (onde o equipo cambiou de nome a Washington Bullets). En 1978 entrou a formar parte do equipo de adestradores asistentes dos Celtics, non sendo até 1983 cando foi nomeado adestrador principal. Estivo cinco anos ocupando o banco en Boston, logrando dous títulos da NBA, con xogadores nas súas filas do talle de Larry Bird, Dennis Johnson, Robert Parish ou Kevin McHale, entre outros. Posteriormente dirixiu durante tempada e media aos Seattle SuperSonics.
Equipos
- San Diego Conquistadors (ABA) (1972-1973)
- Capital Bullets (1973-1974)
- Washington Bullets (1974-1976)
- Boston Celtics (1983-1988)
- Seattle SuperSonics (1990-1992)
Logros persoais
Como xogador
- Oito títulos da NBA.
- A súa camiseta co número 25 foi retirada como homenaxe.
- Membro do Basketball Hall of Fame desde 1989.
Como adestrador
- Dous títulos da NBA.
- Levou ao seu equipo a gañar durante tres tempadas consecutivas 60 ou máis partidos, récord da NBA.
- Catro veces consecutivas campión da Conferencia Leste (entre 1984 e 1988)
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina de K.C. Jones na web do Hall of Fame
- Estatísticas de Jones como adestrador Arquivado 13 de maio de 2016 en Wayback Machine.
- Estatísticas de Jones como xogador Arquivado 09 de novembro de 2012 en Wayback Machine.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.