Quilovatio hora
unidade de enerxía / From Wikipedia, the free encyclopedia
O quilovatio-hora,[1] simbolizado kWh, é unha unidade de enerxía. Equivale á enerxía correspondente a unha potencia dun quilovatio (kW) durante unha hora, que corresponde a 3,6 millóns de joules.
O quilovatio hora úsase xeralmente para a facturación da enerxía eléctrica, dado que é máis práctico de utilizar que a unidade de enerxía do Sistema Internacional de Unidades, o joule, o cal corresponde a un vatio por segundo (W·s), que sendo como é unha unidade pequena, obrigaría a empregar cifras grandes.