Karl Malone
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Karl Anthony Malone, nado o 24 de xullo de 1963 en Summerfield, Luisiana, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que disputou 19 tempadas na NBA, 18 delas nos Utah Jazz, onde formou, xunto coa base John Stockton, unha das parellas máis relevantes da historia da NBA.[1] Ao longo da súa carreira conseguiu dúas medallas de ouro en Xogos Olímpicos,[2] sendo ademais o terceiro xogador que máis veces estivo seleccionado para disputar o All-Star Game da NBA con 14 convocatorias, só por detrás de Kareem Abdul-Jabbar e Shaquille O'Neal, e empatado con Michael Jordan e Jerry West.
Datos rápidos Posición, Dorsal ...
Karl Malone | |
---|---|
Posición | Ala-pivote |
Dorsal | 32, 11 |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 120 kg (265 lb) |
Nacemento | 24 de xullo de 1963 (60 anos) Summerfield, Luisiana |
Carreira | |
Universidade | Louisiana Tech |
NBA Draft | 1985 / Rolda: 1 / Elección: 13 Por Utah Jazz |
Tempadas | 1985–2004 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 36 928 (25,0 pp) |
Rebotes | 14 968 (10,1 pp) |
Asistencias | 5 238 (3,5 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador | |
Pechar