From Wikipedia, the free encyclopedia
O karting é un deporte de velocidade que se practica en superficies lisas e asfaltadas, a bordo de karts.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
As probas describen un trazado chamado circuíto, composto de rectas e curvas, co obxectivo de ser completado no mínimo tempo posible e/ou adiantando ao máximo número de participantes.
Karting ou Kart e un tipo de coche de carreiras, provisto dun chasis livián, monopraza, e motor na parte posterior. Dadas as súas características, o karting e o primeiro coche dos pilotos de competición cando son nenos (a partir dos 8 anos).
Os Campionatos de España de Karting acollen distintas categorías –todas elas convocadas pola Real Federación Española de Automobilismo (R.F.E. de A.) –, en función da idade dos pilotos e do material utilizado para competir.
As categorías e campionatos previstos desde 2006 pola R.F.E. de A. son os seguintes:
As probas de karting ofrecen un gran nivel de espectacularidade no seu desenvolvemento, achegada principalmente pola alta competitividade existente entre os participantes, así como polas características técnicas dos karts. Aínda tratándose de vehículos de competición aparentemente moi sinxelos no funcionamento, o seu comportamento e a súa condución e equiparable a calquera categoría automobilística do máis alto nivel. Estas circunstancias, unidas a que o karting español está actualmente entre os mellores do Mundo e a que as probas de desenvolvemento en circuítos onde se pode ver todo o desenvolvemento da competición e a evolución dos pilotos –rodando sempre moi xuntos e en constantes loitas cerradas-, achegan unha “plástica” ó karting moi difícil de encontrar en outras especialidades deportivas, dotando a cada competición dunha grande espectacularidade. Algunhas das grandes promesas do ano 2007 foron: o portugués Thiago Monteiro, o español Vicente Balaguer (vicbala), que debutou na copa do mundo e o australiano Mark Webber.
A competición de karting celebrase en circuítos especialmente deseñados para iso. Trátase dunhas instalacións cerradas, nas que desde calquera punto se pode ver o desenvolvemento completo da proba, seguindo a evolución dos pilotos e abarcando a imaxe total do recinto.
A estrutura dunha proba de karting consta dos mesmos elementos ou actividades que as categorías superiores dentro do automobilismo deportivo, cas salvidades propias da especialidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.