Lóxica matemática
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lóxica matemática é unha disciplina relacionada coa lóxica e a matemática, que estuda os sistemas formais en relación coa maneira na que estes codifican os conceptos intuitivos da demostración matemática e a computación como unha parte dos fundamentos da matemática. Garda, por tanto, estritas conexións coa ciencia da computación.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Adoita dividirse en catro subcampos: teoría de modelos, teoría da demostración, teoría de conxuntos e teoría da recursión. A investigación en lóxica matemática xogou un papel fundamental no estudo dos fundamentos das matemáticas.
Tamén foi chamada lóxica simbólica e matemática. O primeiro termo aínda se utiliza como sinónimo seu, pero o segundo refírese agora a certos aspectos da teoría da demostración.
A lóxica matemática non é a lóxica das matemáticas senón a matemática da lóxica. Pódese entender como a matemática da lóxica xa que comprende aquelas partes da lóxica que poden ser modeladas e estudadas matematicamente.