Lúas de Marte
satélites naturais que orbitan arredor de Marte / From Wikipedia, the free encyclopedia
As lúas de Marte son dúas: a lúa que recibe o nome Fobos e outra denominada Deimos. Ambas as dúas son dunha forma moi irregular e crese que proveñen do cinto de asteroides.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/d/db/Orbits_of_Phobos_and_Deimos.gif)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8d/Deimos-MRO.jpg/320px-Deimos-MRO.jpg)
Os satélites de Marte foron descubertos polo astrónomo estadounidense Asaph Hall en 1877, e foi el quen lles puxo estes nomes, dos fillos do deus da guerra grego, Ares, que para os romanos era Marte. (Fobos (mitoloxía) e Deimos (mitoloxía))
Aínda que son moi pequenos e están demasiado próximos ao brillante disco do planeta, ambos poden ser capturados con telescopios de afeccionado (a partir dos 20 cm de abertura) por medio de cámaras CCD.