From Wikipedia, the free encyclopedia
L'Amour des trois oranges (en francés) ou en ruso Любовь к трём апельсинам (transliterado Lyubov' k tryom apel'sinam, traducible ao galego como O amor das tres laranxas) é unha ópera satírica en catro actos e un prólogo con música e libreto en ruso de Sergei Prokofiev composta en 1919.[2] O seu libreto está baseado na obra teatral L'Amore delle tre melarance escrita por Carlo Gozzi en 1761, e baseada así mesmo no conto de fadas italiano homónimo escrito por Giambattista Basile. O libreto existe en dúas versións: unha en ruso (o orixinal) e unha en francés, traducido do ruso polo mesmo Prokofiev.
Forma | Ópera |
---|---|
Actos e escenas | 4 actos cun prólogo |
Idioma orixinal do libreto | Ruso |
Libretista | Sergei Prokofiev e Vera Janacopoulos |
Fontes literarias | Unha fábula de Carlo Gozzi: Fiaba dell'amore delle tre melarance (1761) |
Estrea | 30 de decembro de 1921 |
Teatro da estrea | Lyric Opera of Chicago |
Lugar da estrea | Chicago |
Duración | 1 horas 45 minutos |
Música | |
Compositor | Sergei Prokofiev |
Personaxes | |
A ópera foi estreada pola Lyric Opera of Chicago o 30 de decembro de 1921 no Teatro Auditorium baixo a dirección do mesmo compositor[2] na versión francesa (titulada L'Amour des trois oranges) que realizara xunto con Vora Janacopulos. O éxito de público foi grande, mais a crítica reprochou a ausencia de melodía. A súa primeira produción en ruso en tivo lugar en Petrogrado (actual San Petersburgo) en 1926, e dende aquela entrou no repertorio estándar de moitas compañías de ópera.
Unha suite sinfónica, que contiña algunhas das mellores partes da ópera, conseguiu así e todo conquistar rapidamente as salas de concertos de todo o mundo. Só un cuarto de século máis tarde, e co crecente prestixio do compositor, os teatros de ópera recoñeceron o valor desta obra extraordinaria. É a ópera máis representada de Prokofiev, e aínda o sería máis de non ser pola súa complexidade e o gran número de personaxes que interveñen.
Personaxe | Tesitura | Intérpretes o 30 de decembro de 1921 Director: Sergei Prokofiev |
---|---|---|
Rei de Trévos (Monarca dun reino imaxinario) | baixo | James Francis |
O Príncipe (fillo do Rei de Tréboles) | tenor | José Mojica |
Fata Morgana (unha bruxa) | soprano | Nina Koshetz |
Truffaldino (bufón da Corte) | tenor | Octave Dua |
Leandro (Primeiro Ministro) | barítono | William Beck |
Princesa Clarissa (sobriña do Rei) | contralto | Irène Pavlovska |
Pantalón (conselleiro do Rei) | barítono | Désiré Defrère |
Chelio (un mago) | baixo | Hector Dufranne |
Princesa Ninetta | soprano | Jeanne Dusseau |
Princesa Linetta | contralto | Philine Falco |
Princesa Nicoletta | mezzosoprano | Frances Paperte |
Esmeraldina (doncela de Fata Morgana) | soprano | Jeanne Schneider |
Cleonte (cociñeiro da Corte) | baixo | Constantin Nikolay |
Farfanello (un demo) | baixo | James Wolf |
Mestre de cerimonias | tenor | Lodovico Oliviero |
Un Heraldo | baixo | Jerome Uhl |
Bailaríns, comediantes, cortesáns, demos, criados, soldados etc. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.