LAMP
From Wikipedia, the free encyclopedia
LAMP é un acrónimo que se refire a un conxunto de subsistemas de software necesarios para acadar unha solución global, neste caso configurar sitios web o Servidores dinámicos cun esfuerzo reducido. Nas tecnoloxías LAMP esta configuración conséguese mediante a unión das seguintes tecnoloxías:
- Linux, o sistema operativo;
- Apache, o servidor web;
- MySQL / MariaDB, o xestor de bases de datos;
- Perl, PHP, ou Python, linguaxes de programación.
A pesar de que na súa orixe estes programas de código aberto non foron especificamente deseñados para traballar entre si, a combinación popularizouse debido ao seu baixo custo de adquisición e a ubicuidade dos seus compoñentes (xa que veñen pre-instalados na maioría das distribucións linux).
Cando son combinados, representan un conxunto de solucións que soportan servidores de aplicacións.
Amplamente promocionado polo editor da editorial O'Reilly Dale Dougherty, a suxestión de David Axmark e Monty Widenus desenvolvedores de MySQL, a influencia da editorial O'Reilly no mundo do software libre fixo que o termo se popularizase rapidamente en todo o mundo.