Revista cultural española (1889-1914) From Wikipedia, the free encyclopedia
La España Moderna foi unha revista cultural editada na cidade española de Madrid que comezou a súa andaina o 1 de xaneiro de 1889 e rematou en decembro de 1914.[1]
La España Moderna | |
---|---|
País | España |
Lugar | Madrid |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1889 |
Fundador | José Lázaro Galdiano |
Primeira edición | 1889 |
Última edición | 1914 |
Editorial | La España Moderna |
Circulación | |
ISSN | 1697-4514 |
OCLC | 5972267 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A revista foi publicada de 1889 a 1914 pola editorial do mesmo nome, sendo propietario e fundador de ámbalas dúas José Lázaro Galdiano.[2] A súa posta en marcha foi avalada por Emilia Pardo Bazán,[3] quen axudou a Lázaro Galdiano a lanzar e promocionar a revista e buscar colaboradores nos inicios desta.[4]
Tivo varios subtítulos como "Revista Íbero-americana", a partir do número 7, ou tamén "Revista de España" dende o 1 de xaneiro de 1894.[1]
Foi cualificada por varios autores como unha especie de versión española da revista francesa Revue deas deux mondes.[5][6][7] Actuou como unha plataforma publicitaria da propia editorial, pois contiña a miúdo comentarios de libros e novidades publicadas por esta.[8]
En La España Moderna, abordárase xa daquela a denominada «cuestión feminina»,[9] e foron colaboradores autores como Rafael Altamira, Augusto Martínez Olmedilla, Miguel de Unamuno, Emilia Pardo Bazán,[3] Benito Pérez Galdós, Leopoldo Alas Clarín, Marcelino Menéndez Pelayo,[1] Pedro Dorado Montero,[10] Adolfo Posada ou Concepción Arenal.[11]
Nas súas páxinas apareceron traducidos textos de Tolstoi e de Ibsen e tamén publicou, en 1895, a obra de Unamuno, En torno al casticismo.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.