La Flèche Wallonne
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Frecha Valoa (oficialmente e en francés: La Flèche Wallonne) é unha clásica ciclista de primavera que se disputa en Bélxica cada cuarto domingo de abril. Xunto coa Amstel Gold Race e a Liexa-Bastogne-Liexa compón as tres Clásicas das Ardenas. Tamén forma parte do UCI WorldTour, aínda que non está considerada un dos monumentos do ciclismo.
Datos rápidos Nome oficial, Tipo ...
Nome oficial | La Flèche Wallonne |
---|---|
Tipo | carreira dun día |
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Amaury Sport Organisation |
Parte de | Clásicas das Ardenas |
Localización e Datas | |
Localización | Valonia (Bélxica) 50°21′N 5°16′L |
País | Bélxica |
Vixencia | 1936 – |
Calendario da tempada | abril – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Datos estatísticos | |
Primeiro gañador | Philippe De Meersman |
Máis títulos | Alejandro Valverde (5) |
Outro | |
Páxina web oficial | la-fleche-wallonne.be |
Pechar
O percorrido non é fixo. En diferentes épocas, ten saído de moitos lugares da zona, porén, dende a edición do ano 1983 a chegada da carreira está fixada no Muro de Huy, unha subida de 204 metros de lonxitude cunhas pendentes que chegan ao 26% e que se pasa varias veces durante a proba.
O español Alejandro Valverde é o home con máis vitorias con cinco, das cales catro son consecutivas.