From Wikipedia, the free encyclopedia
A lactación[1] é a alimentación con leite do seo materno. A Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) sinalan así mesmo que a lactación «é unha forma inigualable de facilitar o alimento ideal para o crecemento e desenvolvemento correcto dos nenos».[2]
A OMS e o Unicef recomendan como imprescindible a lactación materna exclusiva durante o seis primeiros meses do bebé. Tamén recomendan seguir aleitando a partir dos seis meses, ao mesmo tempo que se vai ofrecendo ao bebé outros alimentos propios para a súa idade complementarios, até un mínimo de dous anos.[3] A Academia Americana de Pediatría recomenda manter a lactación polo menos durante o primeiro ano.[4] O Comité de Lactación da Asociación Española de Pediatría coincide nas súas recomendacións con OMS e Unicef.[5]
A Semana Mundial da Lactación Materna celébrase anualmente na primeira semana de agosto.
Segundo a OMS e o Unicef, a partir dos dous primeiros anos a lactación materna ten que manterse ata que o neno ou a nai decidan, sen que exista ningún límite de tempo. Non se sabe cal é a duración "normal" da lactación materna na especie humana. Os referentes sobre os termos e características da lactación compréndense desde o contexto cultural das nais que lactan, de tal forma que os períodos de lactación pódense estender tanto como a variabilidade de culturas existentes no mundo. No mundo podemos referir casos onde se considera un acto unicamente de bebés de poucas semanas ou meses, así como tamén se atopan casos nos que se mantivo a lactación durante varios anos.
Algúns estudos antropolóxicos publicados conclúen que a franxa natural de lactación en humanos atópase situada entre os dous anos e medio e os sete anos.[6][7]
No Estado Español o libro La lactancia materna. Política e identidad da Editorial Cátedra de Beatriz Gimeno achégase á lactación desde a teoría feminista.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.