Lamadarcos, Verín
antiga parroquia galega do sur do concello de Verín, na Raia con Portugal. / From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Lamadarcos, tamén coñecida coma Lama de Arcos, foi unha parroquia galega de 5,25 km²[1] que se localizaba no sur do concello de Verín, na Raia con Portugal. Eclesiasticamente pertencía á diocese de Ourense.
Lamadarcos | |
---|---|
Concello | Verín |
Coordenadas | 41°49′59″N 7°23′02″O |
Área | 5,25 km² |
Poboación | 88 hab. (1857) |
Densidade | 16,76 hab./km² |
Entidades de poboación | 1 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Estaba formada por un único lugar homónimo, que era considerado ―canda Cambedo e Souteliño― unha das tres aldeas promiscuas, por estar situado na propia fronteira, entre Galiza e Portugal, pertencendo a parte portuguesa á freguesía tamén homónima. Foi anexada a Portugal en 1868 coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864 e absorbida pola freguesía homónima portuguesa.
Lamadarcos era a única parroquia constituída en Galiza a partir dunha das aldeas promiscuas. En Portugal, ademais da outra Lamadarcos, formaba freguesía de seu Souteliño da Raia, mentres Cambedo só era un lugar ós dous lados da fronteira.