Branqueo de capital
actividade criminal / From Wikipedia, the free encyclopedia
O branqueo de capital[1] (tamén coñecido como lavado de cartos, lavado de capitais, lavado de activos ou lexitimación de capitais) é unha operación que consiste en facer que os fondos ou activos obtidos a través de actividades ilícitas aparezan como o froito de actividades legais e circulen sen problema no sistema financeiro. O branqueo de capitais comeza coa comisión dun acto delituoso de tipo grave (a obtención de beneficios ilegais nos mercados financeiros ou outros sectores económicos). O branqueo de capitais é un delito autónomo que non require dunha condena xudicial previa pola comisión da actividade delituosa pola que se orixinaron os fondos.[2]