Lei cero da termodinámica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lei cero da termodinámica parte da noción de comparación entre quente e frío. Se observarmos a diferenza térmica polo contacto coa pel podemos chegar a avaliacións erradas de sensación de calor e frío . Porén, é pola observación dos elementos quentes e fríos que chegamos á conceptuación de temperatura .
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Lei cero da termodinámica | |
Primeira lei da termodinámica | |
Segunda lei da termodinámica | |
Terceira lei da termodinámica |
Logo a lei cero postulouse da seguinte forma: se os corpos A e B están en equilíbrio térmico cun corpo C, entón A e B están en equilíbrio térmico un co outro, ou sexa, a temperatura deses sistemas é a mesma.
Este principio, realmente unha definición, é o que fornece a base para a construción das escalas de temperatura, isto é, para a medición da temperatura. Tamén permite a construción de instrumentos para poder medir a temperatura dun sistema.