Lei de Biot–Savart
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lei de Biot-Savart indica o campo magnético creado por correntes eléctricas estacionarias.
No caso das correntes que circulan por circuítos filiformes (ou pechados), a contribución dun elemento infinitesimal de lonxitude do circuíto percorrido por unha corrente crea unha contribución elemental de campo magnético, , no punto situado na posición que apunta o vector a unha distancia respecto de , que apunta en dirección á corrente I:
onde é a permeabilidade magnética do baleiro, e é un vector unitario.
No caso de correntes distribuídas en volumes, a contribución de cada elemento de volume da distribución vén dado por:
onde é a densidade de corrente no elemento de volume e é a posición relativa do punto no que queremos calcular o campo, respecto do elemento de volume en cuestión.
En ambos casos, o campo final resulta de aplicar o principio de superposición a través da expresión
Na que a integral se estende a todo o recinto que contén as fontes do campo.
A lei de Biot-Savart é fundamental en magnetostática tanto como a lei de Coulomb o é en electrostática.[1]