Lei de Fourier
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lei de Fourier, enunciada por primeira vez polo matemático e físico francés Joseph Fourier, establece que a fluxo de calor por condución a través dun material é proporcional ao gradiente negativo de temperatura é á sección do material. A constante de proporcionalidade entre o gradiente de temperatura e o fluxo de calor denomínase condutividade térmica. Esta lei é unha das bases do estudo dos fenómenos de transporte xunto coa lei de Fick e a lei de Newton, que describen o transporte difusivo de materia e de cantidade de movemento respectivamente.