Lenovo
Compañía multinacional de tecnoloxía china / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lenovo Group Ltd. ou Lenovo PC International, tamén acurtado como Lenovo (en chinés: 联想集团, pinyin: Liánxiǎng jítuán); anteriormente estilizado como lenovo) é unha multinacional chinesa de tecnoloxía con sedes en Beijing, e en Morrisville, Carolina do Norte.[1] Deseña, desenvolve, manufactura e vende ordenadores persoais, tabletas, teléfonos intelixentes, estacións de traballo, servidores, dispositivos de almacenamento de datos, software IT e televisións intelixentes. Dende 2013, Lenovo é o meirande vendedor de ordenadores persoais en unidades vendidas.[2] Comercializa a liña dos computadores ThinkPad, os portátiles IdeaPad e Yoga e a liña de ordenadores de escritorio IdeaCentre e ThinkCentre.[3]
Datos rápidos Tipo, Fundación ...
Lenovo Group Ltd. | |
---|---|
Sede de Lenovo | |
Tipo | Capital aberto |
Fundación | 1 de novembro de 1984 |
Matriz | Legend Holdings (30%) |
Fundador | Liu Chuanzhi |
Industria | Hardware, electrónica |
Na rede | |
https://www.lenovo.com/ e https://www.lenovo.com.cn/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |