Liña de alta velocidade Venta de Baños-Burgos-Vitoria
From Wikipedia, the free encyclopedia
A liña de alta velocidade Venta de Baños–Burgos–Vitoria é unha liña de alta velocidade en construción que se estende entre o nó de Venta de Baños (Palencia) e a estación de Vitoria pasando polas estacións de Burgos e Miranda de Ebro. Formará parte da liña que unirá Madrid co País Vasco e prevese que o tramo Venta de Baños-Burgos estea operativo en 2018[1], mentres que non hai definido nin proxecto nin prazo concreto para a chegada a Vitoria.
O trazado entre o nó de Venta de Baños e Burgos está deseñado de acordo coas especificacións técnicas de interoperatibilidade da Unión Europea para liñas ferroviarias de alta velocidade. Será apta para unha velocidade máxima de 350 km/h e constará de plataforma para vía dobre de ancho UIC (1435 mm), aínda que entre o cambiador de Villamuriel de Cerrato (Palencia) e Burgos só se instalará unha.