Tombo de finais do século XII da catedral de León From Wikipedia, the free encyclopedia
O Libro dos testamentos dos reis de León ou Libro das Estampas é un códice cartulario ou tombo de finais do século XII da catedral de León. Recibe o seu nome porque contén retratos dos reis e a condesa que contribuíron coas súas doazóns á construción da catedral en León.
Libro dos testamentos dos reis de León | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Os sete reis que aparecen retratados son: Ordoño II, Ordoño III, Ramiro III, Vermudo II, Afonso V, Fernando I e Afonso VI, ademais do retrato do asasinato da condesa Sancha Muñiz a mans do seu sobriño.[1] Estas magníficas representacións de estilo románico cumpriron unha función de autenticación dos diferentes reis.[2][3][4]
As ilustracións, con todo, son anacrónicas. O traxe representado é típico do século XII, non de principios do X. Do mesmo xeito, os selos colgantes non se fixeron habituais en Iberia ata o século XII. Cada rei é representado coroado e sentado nun trono, levando un cetro. Os pergamiños que posúen os doadores levan os seus nomes e unha confirmación da súa doazón. Por exemplo:[5]
Ego Ordonius minor rex confirmo
Eu, Ordoño, o novo, confirmo
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.