Liga ACB 2010-11
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2010-11 da Liga ACB foi a 28ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. A liga comezou o 30 de setembro de 2010, e rematou o 14 de xuño de 2011 co derradeiro encontro da final, na que o Regal FC Barcelona acadou o campionato.
Composta por 18 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 34 xornadas, e mais adiante tivo as eliminatorias polo título, á que tiveron acceso os 8 primeiros equipos na táboa. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon.