Liga LEB Ouro 2013-14
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2013-14 da LEB Ouro foi a 18ª edición da segunda competición nacional de liga de baloncesto en España coa denominación actual, chamada tamén Adecco Ouro debido a motivos de patrocinio. O campión de liga ascendeu directamente á Liga ACB, mentres que os clasificados do segundo ó noveno posto disputaron un playoff onde o gañador ascendeu tamén á primeira categoría do baloncesto español. O torneo estivo composto por 14 equipos, 3 deles galegos: o CB Breogán, o CB Coruña e o Club Ourense Baloncesto.
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Tipo | Liga LEB |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Federación Española de Baloncesto |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2013-2014 |
Competición | |
Primeiro posto | Bàsquet Club Andorra |
Pechar
Ó remate da tempada regular, o River Andorra MoraBanc conseguiu a primeira posición e o ascenso directo á Liga ACB. O FC Barcelona B e o Planasa Navarra, pola contra, remataron nas dúas últimas posicións e descenderon á LEB Prata.