Liga LEB Ouro 2015-16
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2015-16 da LEB Ouro foi a 20ª edición da segunda competición nacional de liga de baloncesto en España coa denominación actual. O campión de liga ascendeu directamente á Liga ACB, mentres que os clasificados do segundo ó noveno posto disputan un playoff onde o gañador ascende tamén á primeira categoría do baloncesto español. O torneo estivo composto por 16 equipos, 3 deles galegos: o CB Breogán, o CB Coruña e o Club Ourense Baloncesto.
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Tipo | Liga LEB |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Federación Española de Baloncesto |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2015-2016 |
Competición | |
Primeiro posto | CD Maristas Palencia |
Pechar
Ó remate da tempada regular, o Quesos Cerrato Palencia conseguiu a primeira posición e o ascenso directo á Liga ACB. O Planasa Navarra e o Actel Força Lleida, pola contra, descenderon á LEB Prata.