Liga de Campións da UEFA 2004-05
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Liga de Campións da UEFA 2004-05 foi a edición número 50 na historia desta competición. Disputouse entre xullo de 2004 e maio de 2005, coa participación inicial de 72 equipos, representantes de 48 federacións nacionais diferentes.
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Tipo | Liga de Campións da UEFA |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | UEFA |
Número de participantes | 32 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 13 de xullo de 2004 – 25 de maio de 2005 |
Número de edición | 50 |
Competición | |
Primeiro posto | Liverpool F.C. (5º) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 125 |
Goles | 333 |
Gol | Ruud van Nistelrooy↔ Manchester United F.C. (8) |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… |
Pechar
A fase final da competición deu comezo en setembro de 2004, con 32 equipos competindo polo trofeo que defendía o FC Porto, trala súa vitoria na edición 2003-04. O campión final do torneo foi Liverpool FC, despois de derrotar nos penaltis ao AC Milán na final, disputada o 25 de maio no Estadio Atatürk de Istambul, logo de empatar a 3 goles no tempo regulamentado. Para os ingleses supuxo a súa quinta conquista da máxima competición europea.